Natureza

Miradoiros e natureza

Sente e respira a paisaxe

Miradoiros de Taboada

Miradoiro da cariza

Vistas ao río Miño desde Castelo, nunha paraxe doada polos herdeiros de Isaura Abelairas.

Miradoiro A Tragariza

Situado en Santa María de Xián, ofrece vistas singulares do Miño e da aldea de Carballós.

Miradoiro de Taboada

Balcón sobre o val do Miño para admirar os viñedos en socalcos e a Ponte Mourulle.

Miradoiro "o banco do cuco"

Miradoiro natural con vistas privilexiadas ao Miño entre os cantís de Taboada e O Saviñao.

Ponte das pedras

Situada no antigo Camiño Real, permitía cruzar o río Toldao preto da capital municipal.

Árbores con historia

Carballo "de ramos"

Símbolo local ligado á lenda de San Tomé. Incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

Carballo "dos cartos"

Situado en Castelo, serviu para agochar fondos carlistas durante o século XIX.