Natureza
Miradoiros e natureza
Sente e respira a paisaxe
Miradoiros de Taboada
Miradoiro da cariza
Vistas ao río Miño desde Castelo, nunha paraxe doada polos herdeiros de Isaura Abelairas.
Miradoiro A Tragariza
Situado en Santa María de Xián, ofrece vistas singulares do Miño e da aldea de Carballós.
Miradoiro de Taboada
Balcón sobre o val do Miño para admirar os viñedos en socalcos e a Ponte Mourulle.
Ponte das pedras
Situada no antigo Camiño Real, permitía cruzar o río Toldao preto da capital municipal.
Árbores con historia

Carballo "de ramos"
Símbolo local ligado á lenda de San Tomé. Incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

Carballo "dos cartos"
Situado en Castelo, serviu para agochar fondos carlistas durante o século XIX.



