BENVIDO A 

TABOADA

QUÉ CHE APETECE?

ALGUNHOS DOS NOSOS PLANS FAVORITOS POR SE TES A SORTE DE COÑECERNOS

RIBEIRA SACRA TABOADA

RIBEIRA DO RÍO MIÑO

Vive unha experiencia inesquecible no corazón da Ribeira Sacra. Xa sexa na beira da Ponte Mourulle ou cun paseo que che amosará as marabillas do  noso entorno natural.

RIBEIRA SACRA TABOADA

PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO

Xoias patrimoniais que nos falan do pasado: igrexas, pazos, capelas escondidas entre a natureza e esgrafiados que gardan historias de siglos pasados.

mirador a cariza, ribeira sacra, taboada

MIRADOIRO DA CARIZA

Se queres disfrutar da inmensidade natural cunha vista panorámica, este é o lugar perfecto para descansar, desconectar e, por suposto, sacar a foto perfecta.

RIBEIRA SACRA TABOADA

RUTAS

Prepárate co calzado adecuado e achégate a descubrir un dos segredos mellor gardados de Taboada: rutas únicas entre natureza, ríos e paisaxes que non deixarán de sorprenderte.

ponte mourulle, ribeira sacra, taboada

PONTE MOURULLE

De visita obrigada, admirarás as vistas espectaculares da beira do Río Miño. Se o tempo o permite, tamén podes relaxarte nos seus arredores ou darte un chapuzón. 

club nautico taboada, ribeira sacra<br />

CLUBE NÁUTICO

Se buscas integrarte na natureza dunha forma única, o clube náutico ofrece saídas en barco ou kaiak, ideais para descubrir a beleza da Ribeira Sacra dende a tranquilidade do río.

NOVOS RECUNCHOS DA RIBEIRA SACRA POR DESCUBRIR

COÑECE UN POUCO MÁIS DA NOSA CULTURA

9

QUEIMA DAS FACHAS DE CASTELO

Cada 7 de setembro, o Castro de Castelo énchese de lume e tradición coa queima das fachas, estruturas de ata 9 metros feitas con agucios. Esta celebración, de orixe ancestral, está recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia  e Ben de Interese Cultural.

9

CALDO DE ÓSOS

En Taboada celebramos desde 1987 a Festa do Caldo de Ósos, unha exaltación gastronómica dedicada a este prato. Elaborado o día da parta do porco con ósos da soá, pataca, garabanza, sesos e sofrito, é unha auténtica delicia que só se pode degustar aquí.

9

FESTA DOS MILAGRES

As Festas Patronais de Taboada celébranse en agosto con actividades para todos os públicos, destacando a Festa da Mocidade, o Festival Internacional de Danza e a tradicional Festa do Caldo de Ósos.

"En Taboada, o tempo camiña amodo, entre ríos que contan historias e montes que gardan segredos de pedra e viño."

Queres máis información da Ribeira Sacra?

CONTACTO

info@concellotaboada.es

982 465 301

Plaza General Muinelo N°1 – 27550 Taboada – Lugo (Galicia)

Política de cookies

Política de privacidade

Aviso legal